Vigo al minuto

A rúa do Cristo xa non é un calvario para os veciños

Inauguración/Tresyuno ComunicaciónO alcalde inaugurou hoxe a recén rematada humanización da rúa Cristo, no Calvario que, segundo dixo, deu emprego a 21 persoas e supuxo 800.000 € de investimento.

Seguimos no proceso de humanización, de transformación da cidade de Vigo”, asegurou o alcalde en comparecencia de prensa posterior, onde detallou que a actuación efectuada contemplou a renovación das redes soterradas de abastecemento e saneamento, ademais da instalación de beirarrúas de granito.

Caballero afirmou que Cristo era “unha rúa que formaba parte da marxinalidade de Vigo ata o de agora“, segundo lle comentou unha veciña do Calvario, quen lle asegurou que levaban “40 anos” agardando por unha mellora destas características na rúa.

Xunto ás beirarrúas de granito e a renovación do pavimento e das conduccións soterradas, o rexedor vigués salientou os case 15 novos árbores presentes, as xardineiras colgantes das luminarias, os novos puntos de luz, bancos e a nova docena de papeleiras instaladas. O total da actuación extendeuse polos case 300 metros de lonxitude da rúa.

También te puede interesar