RGPD - Cookies
Galicia

A Semana Santa trae 17 novas rutas do Noitebús

Case 79.000 usuarios utilizaron o Noitebús nos dous primeiros meses do ano. Unha cifra que se espera seguir incrementando coas 17 novas rutas que se porán en marcha durante esta Semana Santa e que se engaden ás 246 que xa están a funcionar o resto do ano, 109 en A Coruña, 56 en Lugo, 42 en Pontevedra e 39 en Ourense.

Do 31 de marzo ao 4 de abril funcionará a liñas Santa Mariña-Camariñas. O 2 e 3 de abril farano as de Ferrol-Valdoviño-Cedeira (que voltará a realizarse a partires de xuño), Boimorto-Melide-Lalín-Melide, Friol-Melide, Arzúa-Melide-Palas de Rei, Golán-Melide, Melide-Santiso e Melide-Sobrado-Toques-Melide, A Illa-Vilanova-Cambados, Vilagarcía-Pontevedra e Catoira-Vilagarcía-Sanxenxo. Xa na provincia de Pontevedra estarán abertas do 1 ao 3 de abril as liñas O Grove-Sanxenxo, Pontevedra-Sanxenxo-Portonovo, Cangas-Vigo e Pontevedra-Bueu-Cangas.

As liñas máis empregadas

Por 2 euros, ida e volta, co Noitebús pretédese evitar desprazamentos en vehículos particulares para reducir os accidentes nas estradas galegas nas noites da fin de semana. En xaneiro e febreiro as liñas máis utilizadas foron Negreira-Brión-Bertamiráns-Santiago (2.598), Ribeira-Padrón (con 2.454 usuarios), A Coruña-Betanzos (2.145), Redondela-Vigo (1.890), Carballo-Ordes (1.732), Marín-Pontevedra (1.448) e Cambre-A Coruña (1.212).

También te puede interesar