RGPD - Cookies
Galicia

Gas Natural e 112 non se separarán para atender incidencias

Estarán conectados 24 horas ao día 365 días ao ano. O Centro de Atención ás Emerxencias 112 e Gas Natural estarán en comunicación permanente para informar das incidencias que requiran a intervención de servizos de atención sanitaria, seguridade cidadá, protección civil, extinción de incendios e salvamentos, así como aquelas nas que o gas natural teña protagonismo e se produzan tanto na rede xeral como nas instalacións particulares dos usuarios.

Informarase de fugas, explosións, olores a gas, incendios con presenza gaseosa e carencias no subministro que poidan afectar a zonas extensas de poboación, concellos, establecementos singulares (hospitais, residencias, edificios oficiais…), situacións meteorolóxicas adversas ou cando se prevea a activación dun plan de emerxencias.

Todo isto farase a través dunha chamada telefónica na que se especificará o tipo de accidente, a localización exacta, teléfonos de contacto, medios e autoridades presentes ou informadas, duración estimada da interrupción do servizo, operativos solicitados e toda a información necesaria sobre o protocolo de actuación.

También te puede interesar