A gastronomía é un dos puntos fortes de As Neves e, como bó sabedor diso, o concello prepara unha das primeiras festas do ano en Galicia. O 2 de abril, coincidindo coa Semana Santa, a Feira do Requesón e do Mel chega a súa decimonovena edición coa intención de pór en valor o patrimonio natural e cultural da vila.
Ó programa de actividades está deseñado arredor do do camiño da gastronomía aínda que levará a todos aqueles que queiran disfrutar da festa polo camiño da historia coa revitalización do Sendeiro dos Frades, o da cultura coa promoción da música popular e da literatura infantil cos Bolechas, da artesanía, do deporte…
Un dos protagonistas deste ano será o falecido Camilo José Cela, que arranca o seu libro ‘Del Miño al Bidasoa’ no concello de As Neves e leva ao seu protagonista nunha peregrinaxe ata Compostela para pedirlle ao Apóstol que acabe de curar o mal que comezara a sanar en Santa Marta de Ribarteme.
Actividades
Aínda que a festa será o vindeiro 2 de abril, as actividades arrincan xa esta semana cunha proposta para facer sendeirismo gastronómico este mesmo sábado 27 de marzo. Ás 09:30 horas sairase da Ponte do Paz de Vide para percorrer o Sendeiro dos Frades e facer unha degustación de requesón e mel a partires das 12 horas na Pousadouro.
Esa mesma tarde (18 h) Pepe Carreiro presentará o seu libro ‘Os Bolechas van de viaxe ao Requeixo das Neves’ e, ás 18:30 horas a Escola de Música de As Neves dará un concerto no Auditorio Municipal Vázquez Portomeñe.
O luns 29 organizarase o seminario de cociña ‘Delicias con requesón: tradición e modernidade en AsNeves’ (17:30 horas) impartido por Esther Juan Salvadores, do restaurante “Casa Lola” en San Xosé de Ribarteme. O 31 demarzo farase unha viaxe sensorial pola xeografía galega a través dos seus meles cunha cata no Centro Social a partires das 17:00 horas. O 1 de abril será o turno da Festa da Bicicleta.
O venres 2 de abril chega o prato forte. A festa comezará ás 10:30 horas con pasarrúas a cargo da charanga “Os Trasegas” e da fanfarria “Bombeiros Voluntarios da Lixa”. Por fin, ás 11:30 horas arrinca a degustación do requesón con mel, aínda que o pregón, a cargo de Víctor Manuel Vázquez Portomeñe, farase esperar ata ás 13 h.
Ás 12:00 horas inaugurarase no Centro Social a mostra colectiva de pinturas ‘8 ideas’, con obras de Isabel Romero, Pilar Arranz, Marcela Fuentes, Juan Antonio Cuenca, Vicente Jiménez, Luis Serrano, Carlos Casu e Basilio González. Xa pola tarde, ás 17 h, comeza a festa para os máis pequechos co show ‘Popin Clown’ e un obradoiro de cerámica de Gundivós.
O fin de festa, trala degustación do requesón con viño de Rubiós a partires das 19 h. Se non vas de viaxe de Semana Santa este é un bo plan para desfrutar destes días.