Comarcas Galicia

No camiño podes ser voluntario ata para contar anécdotas

Disfrutar do Ano Xacobeo é posible ata sen salir da túa vila. Agora é Tui o concello que se suma ao programa de voluntariado xacobeo promovido pola Dirección Xeral de Xuventude nas 9 rutas que chegan ata Santiago. Tui, como un dos tres puntos centrais do camiño portugués xunto a Pontevedra e Padrón pedirá voluntarios para o Xacobeo 2010 para Semana Santa, entre 3 e 15 días en xuño e para as fins de semana o resto do ano.

A maioría das tarefas serán informativas, culturais e de enlace cun posto de información fixo no que se falará das actividades, visitas ou servizos que se realizan na zona. Haberá paneis informativos indicando os lugares onde se atoparán eses puntos de información, que estarán situados no albergue de peregrinos e no Centro de Interpretación do Camiño Portugués, de inmediata apertura no edificio municipal do antigo convento de San Domingos.

Pero tamén podes ofrecer información patrullando por parellas polo tramo tudense do Camiño ou acompañando a grupos. E se eres maior de 65 anos podes contar as tuas experiencias e vivencias no Camiño participando no voluntariado da sabedoría.

Para participar tes que ser maior de idade e facer un curso on line de formación. Ademais, se eres estudante da Universidade de Santiago conseguirás catro créditos a cambio e cubrirándesprazamentos e dietas en caso de necesitalo. Se che apetece só tes que inscribirte chamando ao 900 400 800 ou visitando a web do voluntariado.

También te puede interesar