Galicia

Galicia será unha das estrelas da Feira Alimentaria 2010 que se celebra dende hoxe en Barcelona

Galicia CalidadeGalicia estará presente na XVIII edición do Salón Internacional de Alimentación e Bebida máis importante de España, Alimentaria 2010 coa concurrencia de máis de setenta empresas galegas que ofrecerán unha amplia e variada mostra dos seus produtos de garantía.
 
Produtos do agro

Nesta edición, a Consellería do Medio Rural ten presenza na feira en 3 pavillóns (Intervin, Interlact e Intercarn) nos que participan un total de 49 empresas como coexpositoras dentro de cada un dos stands que se instalen ao efecto. A maiores, a representación de Galicia estará reforzada por 19 empresas agroalimentarias que irán de forma independiente.

 No pavillón de Intervinos visitantes poderán gozar da oferta de trinta e cinco adegas das denominacións de orixe Monterrei, Rías Baixas, Ribeira Sacra, Ribeiro e Valdeorras, entre outras. No stand Interlact participarán seis empresas de Lugo e Pontevedra; mentres que, Intercarno frecerá unha amplia variedade de produtos da man de oito empresas galegas, lideradas por Ternera Gallega.

  
Produtos do mar

A Consellería do Mar promocionará os produtos pesqueiros frescos e transformados de Galicia a través dun stand que contará coa presenza de 33 empresas coexpositoras. Nel cociñeiros de prestixio, como o xefe de cociña do Catering Boketé da Coruña, Javier Rodríguez Ponte ,“Taky”, e Héctor López, do restaurante España, de Lugo dirixirán as degustacións.

Galicia Calidade

Galicia Calidade contará cun stand modular de case 90 metros cadrados no pavillón 2, que corresponde ao Salón das Autonomías. As empresas que contan con produtos adheridos disporán no mesmo de espazos para realizar as súas reunións, degustacións, ou outro tipo de actos promocionais. Neste senso, a empresa Jealsa Rianxeira realizará unha degustación dos seus produtos no propio stand de Galicia Calidade o mércores 24.

As empresas que asisten á feira son:

Adega Dos Eidos, Aguas De Cabreiroá, Aguas De Mondariz e Fuente Del Val, Avícola De Galicia, Bodegas Ruchel, Customdrinks, Feiraco Lácteos, Gallego Pereira Frigoríficos,  Gargalo, Hijos De Rivera, Hornos Sanfiz, Hotel Louxo, Ingapan, Jealsa-Rianxeira, Leche De Galicia, Luis Escuris Batalla, Queixería Cas Leiras, Queserias Castillo De Pambre, Torre De Núñez De Conturiz, Transportes Auto-Radio, e Vilarvín.

Feira internacional

Alimentaria 2010 terá lugar do 22 ao 26 de marzo no Fira de Barcelona. Unha oferta expositiva repartida en trece salóns que congregarán a máis de 4.000 empresas líderes na fabricación e distribución de alimentos e bebidas.

A Feira presenta un atractivo programa de actividades paralelas á exposición e contará co VIII Foro Internacional de la Alimentación, o VIII Congreso de la Dieta Mediterránea, Innoval, así como diferentes proxectos internacionais.

  

 

 
 

 

 

 

You may also like