Vigo al minuto

Carballos, cerdeiras e biduieiros para celebrar o Día Forestal Mundial

A delegada da Xunta, esta mañá
A delegada da Xunta, esta mañá

A Delegación Territorial da Xunta en Vigo repartiu hoxe 1.000 árbores, dentro dos actos organizados polo goberno auónómico con motivo da Semana Forestal previa á celebración do Día Forestal Mundial, mañán, data promovida pola Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO).  Entre as especies que se repartiron, atópanse 400 carballos, 300 cerdeiras e 300 bidueiros para que tanto xóvenes coma maiores tomen conciencia sobre a importancia ambiental e económica do sector forestal na nosa Comunidade Autónoma.

Durante o acto, ao que asistiu a delegada territorial da Xunta en Vigo, Lucía Molares, tamén entregouse material promocional e divulgativo a través duns expositores situados no acceso principal ao edificio da delegación.

A celebración da Semana Forestal empezou o pasado luns coa prantación de 70 árbores nos montes da Entidade Local Menor de Chenlo, en O Porriño, onde participaron uns 32 nenos e nenas de quinto curso de primaria do CEIP da Ribeira coa finalidade de implicar ao conxunto da poboación galega e á comunidade educativa na concienciación ambiental.

You may also like