Cultura Vigo al minuto

15 anos tendendo pontes cara o galego

‘Ponte nas ondas’ cumple este 16 de abril 15 anos de vida que celebrará no Verbum co programa ‘O tesouro dos avós’ e coa celebración os 23 e 24 de abril da primeira parte do congreso con motivo dos 15 años traballando a prol da recuperación do patrimonio inmaterial galego e portugués.

Este programa, que consiste na cooperación de centros de ensino de primaria e secundaria de Galiza e do norte de Portugal, xurdiu tras a inauguración da ponte entre Salvaterra do Miño e Monçao, establecendo unha ponte de comunicación entre un grupo de 16 escolas a través da radio. O vindeiro programa será o primeiro realizado integramente na rede e será emitido a través de Internet mediante Uvigo Televisión.

O congreso, cunha segunda parte en Monçao o 25 de abril, servirá para reflexionar sobre o feito da comunicación e para abrir novas liñas de traballo. A conferencia inaugural correrá a cargo de Manuel Campo Vidal e reunirá a destacados antropólogos internacionais que esbozarán a importancia do patrimonio galego-portugués para o futuro da Eurorrexión.

Os actos pecharánse en Monçao coa presentación dun libro-disco sobre as cantigas de amigo e un concerto no que actuarán Socorro Lira, Joao Afonso e Uxía Senlle.

Te podría interesar