Deportes Vigo al minuto

Nos ’10 km Cidade Universitaria’ o primeiro récord é o de participación

A presentación esta mañá da carreira no campus vigués.
A presentación esta mañá da carreira no campus vigués.

A realidade superou con creces as previsións da organización. Arredor de 650 corredores daranse cita o domingo na cuarta carreira ’10 km Cidade Universitaria’ que se celebra o domingo no campus vigués, a máis multitudinaria da súa curta historia. Tamén de récord é a participación de voluntarios, con 45 mozos que prestarán apoio no desenvolvemento da proba.

Esta será a primeira proba puntuable do calendario de Carreiras Populares Cidade de Vigo 2010, tras a que virán outras seis que axudarán «a fomentar a práctica deportiva e o deporte popular». Haberá seis categorías (junior, promesa, sénior, veteranos A e B e universitarios) e sairase ás 11:30 horas. A entrega de premios será ás 13 horas no Teatro Vidal Bolaño da Cidade Universitaria.

Os 10 quilómetros que dura a proba desenvolveranse en tres voltas a un circuíto que transcorre polos vieiros inferiores do campus e o acceso á Cidade Deportiva do Círculo Mercantil. Entre os favoritos está o atleta marroquí Akka Essaadaqui e, de confirmar a súa participación, o actual campión galego de campo a través Rubén Castro. Para entreter e amenizar o grupo de Teatro de CadaQuen realizará “os comentarios sobre a carreira en clave de humor”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.