Vigo al minuto

Chus Lago cree que é lóxico que o zoo pase a inspección da Xunta

monoO zoo está listo para revista…a revista que van facer os técnicos da Xunta para verificar que non hai rebelión na granxa e que a osa é maior, sí, pero non para seres a aboa de Yogui. A concelleira de Medio Ambiente, acompañada polos medios de comunicación, percorreu hoxe todas as instalacións e asegurou que xa estaban en marcha moitas destas obras e que se aceleraron para poder pasar a inspección . Polo de agora , segundo afirmou , o Concello non ten coñecemento oficial do informe do goberno autónomo aínda que agarda que a resolución será positiva.

Neste sentido a necesidade de adaptarse á normativa comunitaria afectou a obras menores como o acondicionamento do recinto dos osos, tigres e leóns, o levantamento de barreras para preservar a intimidade dos animais ademáis da construcción da cuarentena. Éste último, tal e como avanzou Chus Lago, estará rematado nun breve prazo de tempo.

A concelleira socialista insistiu en que a maior partes dos requerimentos eran documentais e de protocolo. Así, Lago incidiu nos proxectos que leva adiante a instalación viguesa como o recinto dos lobos, que entrará en funcionamento en dous ou tres meses ou a apertura do Nocturama, do que poderán disfrutar todos os visitantes «en pouco tempo«.

«Temos un plan de inversión dende hai tempo e agora o que estamos é facendoo visible e agradable ao público». A concelleira falou doutros proxectos de futuro que consistirán na modernización da parte superior do zoolóxico, na reforma doutros recintos ou da adquisición de novos animais.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.