Destacados Vigo al minuto

A sangue de Afganistán tamén salpicou a Vigo

Baixo o lema ‘Fóra tropas de Afganistán‘, un colectivo vigués tinguíu de vermello a auga da fonte do monumento aos mariñeiros da Gran Vía e colocaron carteis informativos sobre a ocupación deste territorio dentro da campaña contra toda presencia de tropas españolas en conflictos internacionais.

Segundo o colectivo, tras a loita contra o terrorismo talibán, antes aliados dos Estados Unidos, e a chamada reconstrucción democrática “ocúltanse escuros intereses e realidades”. A lei de Reconciliación Nacional aprobada polo Parlamento no 2007 garante inmunidade polos crimes de guerra cometidos durante os pasados 30 anos, “dando máis osíxeno aos ‘señores da guerra’ fundamentalistas para seguir adiante aprobando leis medievais nun parlamento mafioso”.

Situada no corazón do continente asiático, a importancia xeoestratéxica do país é clave. Con esta campaña, o colectivo quería pór en evidencia que existen forte intereses das petroleiras pola construcción dun oleoducto e a presenza dos soldados e bombarderos persuade aos principais competidores enerxéticos da rexión, Rusia e China.

Por outra banda, a produción de heroína pasou de ser unha das menores a representar o 93 por cento da produción mundial e os Estados Unidos é o maior proveedor de armas do país. Ademais, calcúlase que desde 2001 ata 2009 entre 15.000 e 31.000 civís foron asasinados, e 70.000 tropas estranxeiras de máis de 40 países ocuparon o territorio afgán.

Todo nun país no que o 85% da xente vive baixo o umbral da pobreza. E España é un dos 10 estados con máis tropas e recursos achegados ata alí.

También te puede interesar