_agenda Agenda

Xa cho di Iria Riveiro, ‘non teñas presa’

Unha das imaxes da mostra.
Unha das imaxes da mostra.

O Punto Xove de Vigo muda hoxe de exposición. Ata o 30 de marzo acolle a mostra fotográfica ‘Non teñas presa’, da viguesa Iria Riveiro Grela. De temática variada, nesta exposición poderá coñecerse boa parte da súa obra.

A fotografía permite obter un documento, unha testemuña, unha proba obxectiva da realidade. E iso é o que nos deixa ver Iria. Como dixo Alexander Rodchenko, “cos seus edificios de moitas plantas, cos equipamentos especiais de fábricas e empresas, os escaparates de dous ou tres pisos, o tranvía, o coche, os anuncios luminosos, os barcos de vapor… parece como si tan só a cámara de fotos estivera en condicións de representar a vida actual”.

You may also like