Destacados Vigo al minuto

A Universidade de Vigo estuda cánto nos custa a Área Metropolitana

Facer un estudo detallado de custe, beneficio e efectividade de prestar un servizo supramunicipal ás 14 localidades que conforman a Área Metropolitana, dende a xestión da auga, transporte, residuos, tráfico, salvamento, protección civil, servicios sociais e a promoción económica e do emprego.

Ese e o traballo que desenvolverá a Universidade de Vigo coa axuda dos concellos e da Xunta para intentar facer un balance económico e finacieiro para estimar ingresos e gastos dos servizos que asumirá a futura entidade supramunicipal para xerar economías de escala e que o servizo teña menos coste e xenere ganacias de eficiencia.

O director xeral de Administración Local, a delegada da Xunta en Vigo e dous profesores de la Universidade de Vigo reuníronse esta semana en Vigo cos secretarios e interventores dos municipios implicados para centrar os obxectivos deste traballo que servirá de complemento da norma xurídica que creará a Área Metropolitana de Vigo. A Consellería de Presidencia xa traballa no seu borrador.

También te puede interesar