_agenda Agenda

As fotos de Lucien Girardin viaxan de Vigo ao fin do mundo

O Aquarium Finisterrae de A Coruña.
O Aquarium Finisterrae de A Coruña.

O Museo do Mar cederá ao Aquarium Finisterrae de A Coruña durante dous meses a mostra ‘As visións do bacallau’, unha colección de 50 fotografías cedidas polo fotógrafo Lucien Girardin que se inaugurará o vindeiro 15 de marzo.

A mostra, exposta no recinto de Alcabre en2005, consta de 50 imaxes de diferentes formatos que o autor foi recopilanto durante máis de 30 anos, unha homenaxe aos pescadores galegos e portugueses que se enfrentaron ás duras condicións de frío e mar da pesca do bacallao nos caladeiros de Terranova.

Exposta durante 2 meses, tivo gran afluencia dun público que puido disfrutar de imaxes nas que os 30 graos baixo cero obrigaban ás tripulacións galegas a facer quendas para botar pola borda as toneladas de xeo que cada día se acumulaban nos barcos. Unhas fotografías que amosan a dureza das condicións de traballo dos mariñeiros que faenaban baixo o xeo e a calidez das relacións humanas que existían entre os pescadores en tan difíciles circunstancias.

También te puede interesar