Comarcas

Os redondelanos poderán estar ben informados de cómo vai a Marisma

Con fotografías no caso das obras xa finalizadas, con imaxes do presente e do pasado, ou con infografías se están por executar. Esto é o que amosará o punto móbil de información Marisma, que se porá en marcha xa desde hoxe en Redondela e co que se poderán ver cómo están cada unha das obras financiadas polo Feder dentro do desenvolvemento local e urbano. Estará cada semana nun sitio distinto (multiusos, dependencias municipais, asociacións veciñais e culturais) para que podan visualizalos todos os cidadáns

Arrancará ata o 17 de marzo no Multiusos da Xunqueira e de aí irase ao Concello, para rematar o 4 de xullo en O Viso tras percorrer outros 16 emplazamentos. Unha vez feito o percorrido por todos os lugares, poderá verse de forma permanente no Multiusos da Xunqueira.

Estado actual das obras do proxecto

Nestes intres está finalizada a recuperación da canle natural do río Pexegueiro e está a piques de rematar o saneamento e a rehabilitación das dotacións existentes. Por outro lado, acaban de adxudicarse as obras de soterramento da liña de media tensión, listo en mes e medio, tempo no que tamén acabará o paseo peonil ao borde do río.

En tres meses estará listo o paseo a Punta Socorro e ao longo de 2010 acabarase o plan de iluminación do contorno do río e a reordenación da mobilidade. A comezos de 2011 estará lista a recuperación do Edificio para Centro de Formación en logo só quedará a potenciación turística na ensenada de San Simón, cun estudo que se licitará ao longo deste mes.

You may also like