_agenda Cultura

Pasea pola praza do Berbés do século XIX

A recreación dunha xornada nos albores do século XIX na praza do Berbés. Isto é o que nos ofrece ‘A roupa á beira do mar‘, unha mostra ideada dentro da programación dos actos da Reconquista e que estará aberta ata o 4 de abril na Casa Galega da Cultura. Con roupas da deseñadora Patricia González Iglesias, que traballa facendo traxes tradicionais e fundas de instrumentos musicais dende hai unha década, os traxes están inspirados na roupa tradicional de artistas como Uxía Pedreira, Güadi Galego ou Suso Cortegoso.

Será unha recreación dos traxes que levaban durante o día os veciños da praza do Berbés cando entraban en faena realizando distintas labores arredor da pesca, como a preparación do peixe en salazón. Na exposición poderanse atopar mandís, corpiños, refaixos, chalecos, calzóns, chambras, cirolas e outras pezas elaborados con teas resistentes como liños, estameñas, las e picotes.

Estas roupas afastabánse da utilización de adobíos pero tiñan unha gran calidade de tecidos. Ademais, na mostra se pode apreciar como vestían homes e mulleres de outras partes da vila que acudían ao Berbés a mercar peixe ou a camiñar, normalmente feitos de teas finas como veludo ou pano, moi traballada e adornada con brocados, bordados, puntillas e pedraría.

You may also like