A CIG ven de chamar aos trabajadores do Naval a secundar a folga que empeza ás 00:00 h. en toda a provincia e que alongarase todo o día. A central nacionalista é a única que secunda o paro, rexeitado por CCOO e UGT, así coma a patronal do sector.
O paro,abrangue unha marcha polas rúas de Vigo, nun recorrido que non se facilitará para non perjudicar a actuación dos piquetes. Hoxe a CIG entregou follas informativas nos asteleiros para explicar aos traballadores o motivo da folga.
O texto é este:
“En Marzo do 1972 en plena ditadura os traballadores do Naval de Ferrol e Vigo puxéronse en Folga durante varios días para defender o dereito a negociar un Convenio Colectivo, a represión brutal non os intimidou e o 10 de Marzo morrian en Ferrol por disparos da policía Amador e Daniel. A súa loita deunos o dereito a negociar os nosos salarios e as condicións de traballo.
Hoxe, no Naval en Vigo moitas cousas se parecen a entonces a pesar da tradición histórica de loita nestes anos no Sector, no que conseguimos dereitos importantes como o pago da eventualidade cada mes, o pagamento dos tóxicos, a non flexibilidade da xornada, a eliminación das etts, a xubilación aos 60 anos polo contrato relevo, miles de contratos fixos fai dous anos, etc, sendo a CIG o sindicato maioritario. Agora vivimos o momento mais crucial logo da venda do Convenio por CCOO e UGT, que por primeira vez asinan sin facer Asamblea cos traballadores. Unha traición que lles deu forza aos empresarios.
Parécese ao 72 pola represión que vivimos nos Estaleiros, porque prohiben o dereito legal a facer Asambleas e ameazan aos traballadores por participar nelas, porque desprazan aos Delegados sindicais mais combativos dos Estaleiros chantaxeando as súas empresas con non darlles traballo si non os cambian, porque xudicialmente piden anos de cadea a traballadores por participar nas Folgas cando so recibiron paús, e agora van xulgar a dous sindicalistas da CIG pola ocupación da Xunta no ano 2007, pero contrariamente non inculpan a ningún de CCOO e UGT. Sen esquecernos dos centos de multas administrativas que impuxeron na Folga. Todos se confabulan contra os traballadores, porque?. Porque teñen pensado un futuro para o Sector distinto ao que sempre defendimos.
Quen minte?, O acordo asinado fai tres semanas no que se modifica o Convenio no réxime de contratación temporal foi asinado polos Empresarios mais CCOO e UGT, a CIG non asinou porque cambia a parte principal do Convenio no que se regula a contratación para os traballadores con mais de doce meses de antiguidade no Sector, agora por este acordo será con formación homologable ou doce meses na profesión. Ademais teñen pensado negociar a bolsa de horas e a imposición das quendas. Por primeira vez modifícase o Convenio unha vez que está asinado.
Acusan a CIG de racismo por denunciar a implantación de man de obra barata, dín que é mentira e que cobran igual que os traballadores de aquí, pero todos sabemos que minten eles, senon preguntémonos canto cobran os mais de 200 traballadores de Portugal que están no Barco de Barreras en Bouzas?. Minten porque é unha vergonza que queren ocultar á sociedade. Eles son os racistas que explotan aos de forá e deixannos sen traballo aos de aquí. O Convenio obriga a pagar como mínimo o salario de aquí, que cumpran a Lei.
Son eles os que están desfacendo o Sector, que fundiu CIES, quen esta a punto de fundir Marín e Vulcano, despois de ter tanto traballo estes anos e ganar mais diñeiro que nunca, donde meteron os millós que lles deu a Administración, Porque a estes empresarios non se lles pide responsabilidade penal.
Non podemos calar senon será demasiado tarde, non quedará futuro no Sector para os traballadores de aquí, nen para os nosos fillos. O exemplo de Bilbao e Sevilla donde desapareceron os traballadores do Sector de toda a vida é o que queren transplantar aquí.
A situación será mais complicada coa aplicación da Directiva Europea de Servizos aprobada recentemente no Parlamento Español e na Xunta, co que as Empresas de forá poderán vir cos salarios do seu País de orixen e na que moitas empresas de aquí montarán empresas forá para poder pagar os salarios mais baixos. Pero o noso Convenio obriga a pagar como mínimo os salarios de aquí e débese cumplir, por eso loitamos fai tres anos.
A CIG trasladou públicamente a UGT e CCOO que estaríamos dispostos a desconvocar a Folga, se eles fan unha Asamblea cos traballadores do Sector comprometéndose a cumplir o Convenio, na contratación, a non aceptar a Bolsa de horas e a regular as quendas con Acordo dos traballadores. En Asamblea como fixemos sempre, porque son os traballadores os que teñen a palabra e o dereito a decidir.
A folga do día 10 convócase para manter o sentido de dignidade do 72 e non traicioar aqueles principios. Temos que decirlle aos empresarios, a UGT e CCOO que non poden acordar modificar o Convenio sen o permiso dos traballadores, non teñen autoridade. Se non facemos esta Folga seguirán acordando o que queiran, vendendo o noso dereito ao traballo e todo aquelo que tanto nos costou en anos de loita.
A CIG non vai calar por moito que lles moleste”.