Deportes Vigo al minuto

A zona deportiva de Navia, lista en tres meses

Santi Domínguez e Xabier Alonso na visita a Navia.
Santi Domínguez e Xabier Alonso na visita a Navia.

Requeríu dun investimento de case 6 millóns de euros financiados polo Plan E para convertirse na segunda zona deportiva da cidades tras As Travesas. O pavillón polideportivo e o campo de fútbol de Navia estará listo a finais de xuño, obras que continuarán cunha segunda fase na que se construirá unha piscina olímpica e diversas instalacións para outro tipo de deportes.

O tenente de Alcalde, Santi Domínguez, e o concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, visitaron as obras para comprobar en que estado se encontran tras ter que rescatar a concesión tralos incumplimentos da empresa Teconsa, o que obrigou a realizar unha nova adxudicación e a retrasar a execución das obras.

O pavillón, cun orzamento de 4,5 millóns de euros, terá capacidade para 1.500 espectadores e estará dotado con ximnasio, enfermería, ascensor, 8 vestiarios, sala de control antidopaxe e bancada móbil para 384 espectadores. Cun custe de 1,4 millóns, o campo de fútbol anexo ao polideportivo medirá 60×100 metros, terá 5 vestiarios, céspede de herba sintética de “última xeración” e capacidade para 432 espectadores.

También te puede interesar