RGPD - Cookies
_agenda Agenda

Máis de 1.600 rapaces anótanse na Xuventude Galicia Net, o encontro tecnolóxico máis importante do país

xuventude-galicia-net

Xa son máis de 1.600 mozos e mozas os que cursaron a súa preinscrición. Aínda que o prazo para anotarse xa rematou, os que se quedaron fóra poderán participar nos obradoiros deste encontro informático, xa que a gran novidade desta edición é a apertura de portas aos talleres para as persoas que non se inscribiron na ‘Lan party’ (Local Area Network Party).

Tres días conectado á rede con centenares de persoas ao teu redor por 40 euros. Xa hai data para a nova edición da Xuventude Galicia Net, unha ‘party’ que se ven celebrando dende hai 11 anos en Santiago e que se temía que este ano non se organizara. O maior evento tecnolóxico da comunidade galega será entre o 26 e 28 de marzo no Palacio de Congresos e Exposicións e xa podes inscribirte na súa web.

Unha das grandes novidades desta undécima edición é a apertura de portas aos obradoiros para que poida participar calquera aínda que non esté inscrito no evento. Deste xeito, a ‘party’ convértese nun espazo para a aprendizaxe, na que o público en xeral poderá acceder a obradoiros centrados en novas metodoloxías e linguaxes de desenrolo, deseño web ou software libre.

Durante os tres días habilitaranse tres zonas de actividades: a intranet, a extranet e os obradoiros. Na intranet colocaranse os usuarios da rede local, que poderán compartir datos a gran velocidade grazas aos 40 kilómetros de cable que permitrán unha conexión de área local de 1 xigabit. Nesta edición, a extranet situarase no exterior do Palacio de Congresos e Exposicións, e estará cuberta por unha gran carpa de 600 metros cadrados, para evitar que posibles choivas amolen a diversión. As actividades lúdicas realizadas baixo a carpa son de libre acceso e están dirixidas a todos os públicos.

Nos últimos 11 anos a XGN pasou de ser unha mera conexión ultrarápida a internet a un espazo de encontro xuvenil, de formación, de iniciación ao mundo dixital, a aprendizaxe e o intercambio de datos e experiencias. Unha plataforma ideal para dar a coñecer os últimos avances tecnolóxicos e para a potenciación do software libre. Este feito, sitúa a Galicia como unha das comunidades máis implicadas no desenrolo da cultura dixital a nivel estatal.

‘Partys’ en rede

A XGN non é a única ‘party’ que se celebra en Galicia. Existen outras, a nivel rexional, como a ‘Arroutada Party’ da Coruña, a ‘Kutruparty’ na Estrada, a ‘Arousa Party’ en Vilanova ou a ‘Ludus Party’ de Lugo, entre outras. Un dos obxectivos da XGN é conseguir crear unha rede de ‘partys’ galegas co que se daría unha formación continua nas novas tecnoloxías dos galegos e se conseguiría pór a Galicia nos primeiros postos a nivel nacional.

También te puede interesar