O Festival Alternativo Alt’10 chega a Vigo nuns días para contaxiar polas rúas de Vigo o seu carácter innovador e arriscado que na súa novena edición traerá á cidade 12 espectáculos, unha conferencia e un programa especial para novos creadores galegos. Entre o 11 e o 20 de marzo celebrarase o primeiro bloque, que arrancará con actuacións pola rúa ata o día 13 de marzo da compañía francesa Etxea. O día 11, esa mesma compañía actuará ás 14 horas no Centro Comercial da Cidade Universitaria, mentres que pola tarde o Marco acollerá ás 20 h a Los que quedan e, ás 21:30 horas, á compañía francesa Café Klash estará na Casa das Artes.
Programación
O día 12 terá lugar unha mesa redonda no Marco (19 h) con Óscar Cornago e Carlos Marquerie, que falarán de ‘Testigo casual de mi tiempo’. Ás 21:30 h Histrión actuará na Casa das Artes.
O 13 de marzo, o Marco acollerá dous pases da artista Monse Penela (20 e 20:30 h), mentres que Elena Córdoba actuará na Casa das Artes ás 21:30 h. Ao día seguinte é o turno de Pablo Fidalgo e Estefanía García (19 h), que saltarán ao escenario tamén na Casa das Artes.
O xoves 18 poderanse ver as propostas de Sleepwalk Collective no Marco (20 h) e de Ertza na Casa das Artes (21:30 h). O día 19 poderase ver por triplicado o espectáculo ‘Especial Galicia presenta’, con representaciones no Marco (20 h) e na Casa das Artes (ás 19 e ás 21:30 h).
O primeiro bloque rematará o 20 de marzo no Marco coa actuación ás 20 horas da compañía Vero Cendoya e ás 21:30 horas na Casa das Artes co espectáculo da compañía andaluza Mandaito Producciones. O segundo bloque de programación celebrarase do 18 ao 20 de xuño e nel participarán compañías vascas, catalanas, andaluzas e inglesas.