_agenda Agenda

Música escríbese con erre

Rap, regueifa, rima e ritmo unidos á improvisación, ao jazz, á performance ou ao desafío. Esas son as claves de ‘Duplo R 2010’, unha xornada de música na que se pretende achegar a cultura tradicional á xuventude coa fusión de distintas culturas. Será o vindeiro venres 26 de febreiro a partir das 19:30 horas na Sala Mondo.

Vigo é un gran expoñente da cultura urbana e, como tal, prestará artistas da talla de Coke e Wöyza, da productora Licor KaféBieito Lobariñas e Luis CarunchoIolanda ZúñigaAlberto Conde e a súa banda, Beatu’s Ille ou Proxecto Trepia. Non te perdas a oportunidade de coñecer algo máis destes rapeiros e regueifeiros cos que pasar unha divertida tarde.

A entrada é gratuita pero terás que recoller un pase na Casa da Xuventude, no Punto Xove, en Súbete ao Castro, no Servizo de Normalización Lingüística do Concello ou nos centros cívicos de Teis, Saiáns, Casco Vello e Coruxo. Sen el non poderás pasar.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.