Cultura Vigo al minuto

Camiño a Camiño porase a andar tódolos fins de semana

Se repetirá el fin de semana a Cíes.
Se repetirá el fin de semana a Cíes.

A Concellería de Medio Ambiente, Sanidade e Consumo porá en marcha a partir do mes de marzo un renovado programa ambiental «Camiño a Camiño…e máis» que neste ano ofrece novidades como as denominadas o Camiño de Santiago, as rutas nocturnas e a convocatoria Vigodiversidade. A edil de Medioambiente, Chus Lago, destacou na presentación do programa que representa unha iniciativa multidisciplinar aberta a todas a idades para facer rutas de sendeirismo polos entornos máis significativos do municipio de Vigo e do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas, así como participación en observación de estrelas.

A primeira parte do programa comezará o primeiro domingo de marzo, día 7, e concluirá o domingo 26 de xuño. Durante os catro meses do programa levarán a cabo un total de 27 iniciativas que terán lugar todos os fins semana de cada mes ininterrompidamente. As actividades dentro do municipio serán gratuítas e fóra do municipio (gratuítas no 95% do custo total). Antes do inicio de cada ruta os asistentes terán á súa disposición información descargable da web onde poderán informarse do percorrido que van facer e das posibilidades que este ofrece ao visitante en relación coa flora, fauna e otros aspectos do lugar motivo da actividade.

O equipo humano que facilitará o desenvolvemento práctico das actividades estará composto por máis de 53 profesionais (biólogos, gardas forestais, oceanógrafos, monitor) que se encargarán de guiar e atender en todo momento as necesidades dos participantes nas diferentes actuacións do programa. Así mesmo, encargaranse de explicar de xeito sinxelo e coloquial as diversas especies de flora e fauna existentes en cada ruta e de promover, a través do coñecemento do medio, a importancia da conservación dos espazos naturais e dun desenvolvemento sostible do hábitat.

Soportes informativos
O programa terá unha serie de soportes informativos a través dos cales as persoas que o desexen poderán acceder a toda a información de «Camiño a Camiño…e máis» . Ademais da páxina web da Concellaría de Medio, Sanidade e Consumo, distribuiranse 500 calendarios e 5.000 dípticos en Asociacións de Veciños, colexios, institutos e centros socioculturais do municipio. Os participantes deberán incribirse previamente para reservar a súa praza en cada ruta a través do Servizo de Atención Telefónica do Concello de Vigo-010- o luns anterior a cada ruta.

Segundo a concelleira Chus Lago, «Camiño a Camiño…e máis» divídese en dous eixos principais: por unha banda as actividades de Camiño a Camiño que son as rutas de sendeirismo polo municipio vigués e as xornadas de 1 día e de fin de semana nas Illas Cíes, e por outra banda as actividades dentro do apartado «E máis» que se inclúen as novidades deste ano: o Camiño de Santiago, as rutas nocturnas e Vigodiversidade.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.