Comarcas Galicia

A Plantilla da Levantina concéntrase en O Porriño para denunciar despedimentos «disfrazados» de traslados

LevantinaCen traballadores da factoría Levantina manifestáronse hoxe nas portas da mesma, no Polígono da Granxa. Aprobéitando o cambio de quenda, amosaron así o seu rexeitamento aos traslados forzosos, que, na suá opinión son só “novos despedimentos encubertos“.

Segundo denunciou a CIG, sete trabajadores, tres deles miembros do Comité de empresa, foron trasladados a Alacante, entre os mesmos hai duas traballadoras están acollidas a redución de xornada por coidado de fillos.

Dende a CIG-Construción consideran estes feitos como un «un exemplo de como entende a patronal o respeito polos dereitos á representación sindical e a obriga legal de facilitar a conciliación da vida laboral e familiar».

Concentración o sábado 20

Os traballadores e traballadoras de Levantina convocaron unha nova concentración, que desta volta será o sábado 20 ás 12 fronte ao Concello de O Porriño.O motivo da mesma, como das anteriores, segundo informan as centrais sindicais, é a de amosar o rexeitamento ás medidas adoptadas pola empresa, obrigando aos traslados, “o que na prática ven significar o despedimento e o inicio do desmantelamento de instalacións en O Porriño coa conseguinte perda de postos de traballo”.

 

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.