RGPD - Cookies
Cultura Galicia

Os libros veñen cun cheque baixo o lomo

Os grandes proxectos editoriais galegos estarán financiados pola Consellería de Cultura e Turismo. A Xunta acaba de ofertar suvbencións para a promoción, producción e edición do libro galego, tanto de xeito tradicional como nos novos soportes. Cun importe total de 300.000 euros, as axudas estarán divididos entre os anos 2010 e 2011, cun presuposto de 150.000 euros en cada ocasión.

Como grandes proxectos se incluirían a planificación que precise excelencia, tanto pola presentación formal como polos contidos, cando precisen a disposición de medios custosos para as editoriais ou que se plasmen en obras de importancia para o crecemento intelectual de Galicia e de difícil comercialización no mercado xeral.

As coleccións integradas por títulos independentes que carezan destas características ou os proxectos multimedia que non respondan a textos de carácter creativo, científico ou de consulta e que ofrezan contidos lúdicos interactivos ou artes narrativas de carácter fílmico estarán excluidos.

También te puede interesar