Cultura Destacados

O libro sobre instrumentos musicais galegos, entre os 5 máis vendidos

Non hai nin 15 días que se presentou en Santiago e xa figura entre os cinco primeiros libros de non ficción máis lidos en Galicia. A obra de Pablo Carpintero ‘Os instrumentos musicais na tradición galega’ marcou un antes e un despois na historia da música do país, como recalcou o músico Carlos Núñez, que quixo apoiar coa súa presenza a obra e admitiu sentirse abraiado do traballo levado a cabo por Carpintero. Estar entre as publicación máis vendidas non é máis que un fiel reflexo «dos nosos principais sinais de identidade: a comida, a lingua e a música”, xa que nesa lista aparecen un libro sobre cociña, un dicionario e o propio volume de Carpinteiro.

A través de 500 páxinas, 1000 fotografías e múltiples ilustracións, a obra dá cabida a máis de 140 instrumentos musicais e recolle o traballo levado a cabo por Carpintero nos últimos 15 anos. A principal conclusión tras tantos anos de traballo: darse conta de que «en Galicia contamos cunha riqueza inmensa, algo que acontece en moi poucos países, e é que temos a virtude de que conservamos cadeas evolutivas completas na maior parte dos instrumentos musicais”.

Do paleolítico ao século XX a través da música

Na obra Carpinteiro clasifica os instrumentos musicais seguindo o sistema científico máis empregado en occidente, o de Hornbostel e Sach, que os divide en idiófonos, membráfonos, cordófonos e aerófonos, facendo un viaxe musical a través do tempo, desde o Paleolítico ata o séxulo XX.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.