Galicia

Non hai mineiro que colla pico e barreña

A mina de Meirama, en Cerceda.
A mina de Meirama, en Cerceda.

Unanimidade para apoiar os 17 proxectos empresariais orientados a fomentar a recuperación do emprego no sector mineiro. A Mesa para o Desenvolvemento do Plan do Carbón 2006-2012 reuníu hoxe a Xunta e aos concellos de As Pontes e Cerceda para reactivar unha actividade na que o paro non deixa de medrar.

Con este plan poderase recolocar aos traballadores da industria auxiliar ao mesmo tempo que formalos para que acaden o perfil que demandan as empresas. Para iso, a Oficina de Captación de Proxectos e Inversión de Cerceda e o Instituto Pontés de Promoción Económica elaborarán un inventario das necesidades formativas antes do 31 de agosto.

Qué é

A Mesa para o Desenvolvemento do Plan do Carbón 2006-2012 é o órgano e interlocutor único para o control e seguimento de todas as actuacións públicas e privadas encamiñadas ao desenvolvemento e reactivación das comarcas mineiras de Galicia. A Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas da Consellería de Economía e Industria efectúe un requirimento a todas e cada unha das empresas beneficiarias das axudas con cargo aos fondos do Plan do Carbón 2006-2012 para que obteña información da evolución da execución dos compromisos de colocación de persoal excedente da industria auxiliar, recordándolles que este compromiso terá que ser efectivo antes do 31 de agosto de 2010 para os proxectos da convocatoria de axudas de 2007, e o 31 de agosto de 2011 para os de 2008. Asemade, requirirase ás empresas que identifiquen de xeito preciso o perfil do persoal a contratar.

A Mesa Sectorial do Carbón reunida hoxe.
A Mesa Sectorial do Carbón reunida hoxe.


You may also like