_agenda Agenda

Psicópata busca enfermeira inocente en Tui

Toño Casais e María Ordoñez dan vida a un psicópata e unha enfermeira, os dous protagonistas de ‘Palabras encadeadas’, obra que Talía Teatro representará no Teatro Municipal de Tui esta noite (21:30 horas).

Debido a esixencias da escenografía, o aforo do espectáculo está limitado a 200 persoas. As entradas, de entre 4 e 6 euros, xa están á venta ata as 18:30 horas de esta tarde a través da web ou en taquilla a partir das 20 horas.

A obra

Basada no texto de Jordi Galcerán, a obra narra a historia dun psicópata e a súa vítima, secuestradas nun espazo sen posibilidade de fuxida aparente. Este é un thriller psicolóxico no que o manexo do suspense e os xiros dramáticos irán sorprendendo ao espectador, levándoo a un lugar onde a liña divisoria entre a verdade e a mentira se dilúe.

Talía Teatro leva 20 anos sobre os escearios e esta é o seu espectáculo 25, todos pensados por estar enfocados para un amplo abano de público, desde o infantil ata o adulto.

También te puede interesar