_agenda Cultura

O actor Morris dá esta noite a benvida ao Entroido 2010

Hoxe  chega o entroido á cidade. As treboadas e a animación de rúa comezará a partir das 19.30 horas na Praza da Constitución, para continuar ata as dez e media da noite polo Casco Vello e a rúa Príncipe.

Oficialmente chegará a partir das 20.30 horas co pregón de “Morris”, quen adiantou que ten previsto facer un discurso plurilingue no que aparecerá tamén o seu televisivo personaxe Edelmiro Ferreira, o cal garantiza actualidade, ironía, diversión e, sobre todo, optimismo “que fai falta nestes tempos para divertirse todo o mundo”, engadiu o actor, que recordou que desde hai tempo non exerce de pregoeiro pero que está encantado de facelo no Entroido da cidade que reivindica como natural de Teis que é.

A xornada inaugural complétase coa entronización do Rei e Raiña do Entroido, na que non faltará a música do home orquesta Ce e a Orquestra Pantasma.

También te puede interesar