Destacados Vigo al minuto

Os 23.000 € recadados en Vigolandia contribuirán á ‘refundación’ de Haití

Vigolandia celébrase no Ifevi.
Vigolandia celébrase no Ifevi.

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e a concelleira de Benestar Social, María Méndez, entregaron os 23.000 euros de recadación de Vigolandia ao presidente do Fondo Galego de Cooperación, Alfredo Nóvoa, que seran destinados a Haití para paliar aos damnificados do terremoto. “Vigo sempre foi unha cidade solidaria e todos os vigueses e viguesas que asistiron a Vigolandia se sentirán satisfeitos con esta axuda”, asegurou o tenente de alcalde.

Santi Domínguez explicou que este ano a Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Benestar Social e os representantes dos patrocinadores de Vigolandia “decidimos que era obrigado colaborar coa gran desgraza que está sucedendo en Haití”.  O ano pasado a recadación foi entregada a tres comedores sociais da cidade.

O presidente do Fondo Galego de Cooperación explicou que os cartos serán investidos non na reconstrución do país, posto que xa estaba no furgón de cola da pobreza antes do terremoto, senón na súa refundación. Sinalou que isto significa a redistribución da poboación, a recomposición das infraestruturas, e o desenvolvemento dunha agricultura sostible.

Jorge Santos, como representantes dos patrocinadores de Vigolandia, salientou que o acto de hoxe é o máis importantes dos que se celebran por mor da feira, “porque os pais e nais que estiveron no IFEVI ven que o sue esforzo económico se plasma nunha axuda social”.

  • A Biblioteca Universitaria tamén colabora

A  Biblioteca Universitaria, en colaboración coa Vicerreitoría de Relacións Institucionais e a Cruz Vermella, está a organizar un mercadillo solidario de libros co fin de recadar fondos que se destinarán ao país caribeño.

Baixo o lema Solidarízate con Haití. Participa e lee, a Biblioteca Universitaria fai un chamamento a toda a comunidade universitaria para colaborar neste proxecto, que consta de dúas partes. A primeira delas está dedicada á recollida de libros nas bibliotecas dos tres campus, así como nas conserxerías dos edificios de Reitoría e Servizos Centrais, que se desenvolverá ata principios de marzo.  A segunda parte desta iniciativa céntrase na celebración do mercadillo, para o que aínda non hai unha data concreta de celebración, que estará disposto en diferentes centros do campus co fin de resultar accesible a todos aqueles que desexen colaborar na recadación de fondos mediante a adquisición de volumes, que terán un prezo único de catro euros,“unha cantidade que consideramos accesible non só para o persoal, senón tamén para os estudantes”salientou de la Peña.

You may also like