Comarcas

Empápate do cómic en Chapela

¿Gústanche os cómics? ¿Esbozas persoaxes de cando en cando? Pois agora tes a oportunidade de aprender da man dunha das mellores ilustradoras de banda deseñada e docente, María Vilar. A Biblioteca de Chapela organiza un obradoiro o vindeiro xoves 18 de febreriro (18:30 horas) de duás horas de duración para mozos de entre 9 e 15 anos.

Durante a primeira media hora asistirase ao nacemento dun cómic a través dunha idea orixinal. Aprenderase como é a preparación dun guión, como se fai e que deberá ter para que os lectores queiran mercalo. Ademais, aprenderase a crear personaxes e facer os seus deseños. Para rematar esta primeira parte farase o storyboard, é dicir, os bocexos previos das páxinas a elaborar por cada un dos participantes.

Na seguinte media hora daranse as pautas para debuxar o guión que se preparou previamente. Logo, pintarase con pinceis ou calquera rotulador. E, finalmente, darase cor manualmente e farase unha pequena demostración de cor por ordenador, para que os asistentes poidan ver cal é a diferenza con esta aplicación e cales son as vantaxes da nova tecnoloxía.

A finalidade desta clase é a elaboración propia dunha tira cómica ou páxina de banda deseñada por parte de cada un dos participantes.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.