Cultura Destacados

Regresa a Vigo un entroido tradicional cheo de merdeiros

Foto: Contando Estrelas
Foto: Contando Estrelas

Participativo, trouleiro, musical e urbanita, pero ser perder a súa identidade, son algúns dos calificativos que se atopan no momento de definir o programa do Entroido de 2010 en Vigo, un evento que, desde o 12 ao 17 de febreiro está encamiñado a encher as rúas da ledicia que representan disfraces, charangas, pasarrúas e persoeiros propios da celebración de don Carnal, cuxo programa foi presentado hoxe mércores polo concelleiro de Cultura, Xesús López, quen estivo acompañado, entre outras personas, do pregoeiro deste ano, o actor Antonio Durán «Morris».

O Entroido 2010 arrinca oficialmene o 12 de febreiro a partir das 20.30 horas co pregón de «Morris», quen adiantou que ten previsto facer un discurso plurilingue no que aparecerá tamén o seu televisivo personaxe Edelmiro Ferreira, o cal garantiza actualidade, ireonía, diversión e, sobre todo, optimismo «que fai falta nestes tempos para divertirse todo o mundo», engadiu o actor, que recordou que desde hai tempo non exerce de pregoeiro pero que está encantado de facelo no Entroido da cidade que reivindica como natural de Teis que é. Con anterioridade a intervención de «Morris», as treboadas e a animación de rúa comezará a partir das 19.30 horas na Praza da Constitución, para continuar ata as dez e media da noite polo Casco Vello e a rúa Príncipe.

A xornada inaugural complétase coa entronización do Rei e Raiña do Entroido, na que non faltará a música do home orquesta Ce e a Orquestra Pantasma.

  • Programa de actos

O sabádo, 13 de febreiro, seguirán as presenzas nas rúas de charangas, murgas e xigantes e cabezaudos, desde as cinco as sete da tarde, por un roteiro que inclúe Urzáiz, Príncipe, Porta do Sol, Carral e remate na Praza de Compostela. Pola súa banda, a comitiva rexia concentrarase na Praza da Constitución, para fixar un percorrido no que aparecen a rúa Triunfo, Praza da Pedra, As Avenidas, Montero Ríos, P. Morillo e Compostela, e que rematará na Morada olímpica desa céntrica praza donde haberá unha recepción da comitiva e o Deus Momo, outro dos persoeiros representativos do entroido vigués. A comitiva rexia terá tamén como protagonistas 40 disfraces espectaculares que afondan no entroido de Vigo de outros tempos e estarán acompañados de claríns e trompetas. De novo, ás 18.30 horas, dita comitiva coa presencia de una grande comparsa partirá cara o Areal, Serafín Avendaño e rúa Oporto. Deste lugar sairá o desfile de comparsas e carrazos a partir das sete da tarde. O roteiro vai por Serafín Avendaño, Rosalía de Castro, Inés Pérez de Ceta, Areal, Praza de Compostela, García Olloqui e Peirao de Transatlánticos. A xornada sabatina rematará cunha verbena na Porta do Sol, a cargo das orquestras Suavecito e Costa Oeste, a partir das dez e media da noite. Este ano o número de comparsas do desfile chega a 36, oito máis que en 2009.

 

Presentación do entroido.
Presentación do entroido.

O Domingo, 14 de febreiro, está destinado ao Entroido Infantil, na Praza de Compostela, das 17 ás 20 horas, donde haberá para os máis novos desde actividades lúdicas a obradoiros, pasando por inchables e montaxe de disfraces. Os concursos de charangas e coplas, desenvolveránse respectivamente nas 17.30 e 18 horas, na Praza da Compostel. A partir dás sete da tarde, pero na Praza da Constitución, está previsto o Serán, outra das celebracións carnavaleiras de raigame viguesa, unha convocatoria que antano servía para propiciar as relacións entre as diferentes comunidades, evitando a endogamia, pero que neste ano estará cargada dun forte compoñente musical a cargo de grupos de recoñecida solvencia no eido da música tradicional: Xacarandaina, Xiradela, Cantigas e Agarimos, O Fiadeiro e algúns grupo de veciños que traballan na recuperación deste tipo de festexo. No transcurso do mesmo haberá convite mediante comida e bebida aos asistentes.

No programa tamén figura a presenza nas rúas e prazas do Casco Vello, durante as xornadas do 12, 14 e 16, dos Merdeiros, recoñecidos polá singularidade da súa vestimenta e pucho, así como polo seu carácter anárquico. O luns, 15 de feberiro, voltarán a animación a rúa coa comparsa e comitiva rexia, que salirá as 17.45 horas da Praza de Compostela para seguir por Colón, Príncipe, Porta do Sol e Praza da Constitución. Nea data desenvolveránse os 2º Xogos Populares do Entroido, das seis ás sete da tarde na Praza da Constitución.

O martes, 16 de febreiro, volverá a concentración da comitiva rexia e animación de rúa pero partindo da Praza da Constitución, a partir das 17.45 horas, e pasando por Gamboa, Victoria e volta a mencionada praza, donde á seis da tarde está convocado o acto rexio de homenaxe e bicamáns ao Deus Momo, quen entrará no esvaecemento e agonía que presaxia a recta final do Entroido 2010. Na Praza de Compostela será o Concurso de Disfraces (de 18.15 a 20 horas) e o de Charangas o de Charangas (ás 20 horas). Na Porta de Sol, haberá tempo para o baile na verbena que de dez e media da noite a dúas animarán as orquestras Charlestón e Miramar. No meido, as doce da noite, anunciarase o falecemento dos Deus Momo e se procederá a lectura do testamento a prol do seu fillo Momiño. Continuará un xuizo, sentenza e queima do rei e raiña do Entroido.

Sepelio do Deus Momo
O mércores, as 18 horas, comezará o remate do Entrodio 2010 coa presenza do catafalco do sepelio do rei Momo, ás 18 horas, na Estación Marítima de Ría, e continuará coa concentración dos participantes nas exequias funerarias solemnes das comparsas, desde ás sete da tarde, para encamiñarse media hora despois cara o percorrido por Serafín Avendaño, Rosalía de Castro, Inés Pérez de Ceta, Areal, Praza de Composela e peirao de Trasatlánticos. O sepelio será na estación Marítima de Ría as oito e media con oficios laicos nos que mediante sermóns, cantos solemnes, lectura dos premios, rematará con berro final: Que mal raio o parta (QMROP), que anuncia o final do Entroido enVigo.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.