Cultura Vigo al minuto

Ferrán Adriá romperá su año sabático en la Universidad de Vigo

Ferrán Adriá.
Ferrán Adriá.

Ferrán Adriá rompera o seu descanso en Vigo. O Consello Social organiza un acto de recoñecemento ás empresas que colaboran coa Universidade de Vigo que contará coa presenza como convidado do cociñeiro. Este evento terá lugar o vindeiro 23 de febreiro na Facultade de Ciencias Económicas e Empresarias do campus de Vigo como un xeito de resaltar a importancia deste vínculo entre as empresas e a institución académica pero tamén co obxectivo de reforzalo de cara ao futuro, abrindo camiños de encontro entre universidade e sociedade.

A presenza de Adriá neste acto servirá para poñer enriba da mesa o papel da creatividade nos procesos de I+D+i e, polo tanto, na transferencia de coñecemento entre universidade e empresa. Segundo explicou Atrio, “os tres piares básicos do I+D+i non só se producen na industria, senón en todo tipo de actividades, incluída a cociña, á que esperamos que volva despois destes dous anos sabáticos, nos que se dedicará a dar renda solta á súa imaxinación”. Precisamente como adaíl da creación e da imaxinación, Adriá preguntarase na súa conferencia canto pode durar a creatividade. Segundo o reitor “se nos empeñamos moito, moito tempo”, xa que é o xermolo do coñecemento e da innovación. O cociñeiro máis afamado do mundo é doutor honoris causa, a parte de ser responsable dun programa creativo específico da Universidade de Harvard, coa que colabora sistematicamente.

Nesta segunda edición dos premios homenaxearase a preto de 300 empresas tanto da contorna como de fóra incluso de España. Para o acto, o convidado será “o mellor cociñeiro do mundo, Ferrán Adriá” en palabras do presidente do Consello Social, Emilio Atrio. O chef será o encargado, na súa conferencia, de poñer en valor a creatividade como compoñente imprescindible a innovación.

O reitor, Alberto Gago, agradeceu esta oportunidade de poder mostrarlle ás empresas “o noso agradecemento por compartir con nós actividades formativas, de xeración de coñecemento, de innovación e tamén actividades de creación de empresas de base tecnolóxica pero tamén nos centros tecnolóxicos nos que compartimos padroado coas empresas. En resumo, todas aquelas que cren no noso traballo”.

You may also like