Galicia Vigo al minuto

A Xunta, disposta a cambiar a Lei de Caixas pero o Goberno xa interpuso o recurso

A fusión uniría a Caixanova e Caixa Galicia.
A fusión uniría a Caixanova e Caixa Galicia.

O Estadofixo efectivo o recurso contra a Lei de Caixas Galega. O recurso, interposto pola Abogacía Xeral do Estado, consta de 56 páxinas nas que o Goberno expón as razóns polas que considera que varios preceptos da norma galega colisionan coa estatal. A Xunta, según as últimas declaracións, estaba disposta a negociar con Madrid algúns dos 10 preceptos que o Consello de Estado considerou inconstitucionais, aínda que sen renunciar a competencias como a autorización de Galicia á participación dalgunha das caixas galegas nun sistema institucional de protección.

Nembargantes, desde o Goberno autonómico eran conscientes de o camiño que  explicado desde o Goberno central non incluían conversacións ou negociacións previas ao recurso de inconstitucionalidade a pesar de que a Lei de Caixas ten «unha redacción igual á de outras comunidades autónomas». Para evitar isto, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, requiriulle por carta a Manuel Chaves, vicepresidente terceiro do Goberno, fixar para esta mesma semana o inicio do diálogo co Executivo galego para aclarar as discrepancias sobre a Lei de caixas e facilitar a pronta retirada do recurso, que sería presentado sen «sequera escoitar previamente á Xunta».

Na misiva, Feijóo lémbralle a Chaves que a semana pasada lle transmitiu por teléfono a “vontade expresa da Xunta de abrir canto antes unha vía de diálogo ao obxecto de explicarlle ao Goberno todas cantas dúbidas lle puideran xurdir en torno a esa Lei”. Ademais, apunta que esa oferta foi reiterada polo conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza na xuntanza da Comisión Bilateral de Cooperación celebrada en Madrid o pasado día 2 de febreiro.

Mentras, para os responsables estatais, tal e como fixeron efectivo hoxe, as conversas comezarán despois do recurso de inconstitucionalidade que pediría a suspensión cautelar da lei. Pola súa parte, esta tarde Vigo sairá á rúa (20 h) convocado polo alcalde, Abel Caballero, nunha manifestación antifusión na que o rexidor deixa moi clara a súa postura ante a Lei de Caixas, un punto de vista que non comparten nin PP nin o BNG, o seu compañeiro de goberno.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.