Destacados Vigo al minuto

Domínguez ataca ao alcalde e di que o recurso á lei «é o maior agravio a Vigo e Galiza nos últimos anos»

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, considera que coa decisión adoptada polo Consello de Ministros de recurrir a Lei de Caixas aprobada polo Parlamento galego “consumouse o maior agravio feito a Vigo e a Galiza nos últimos anos”. Diante desde feito, o nacionalista instou ao presidente da Xunta a recorrir o FROB, tal e como se aprobou no pleno da corporación viguesa de onte, para impedir que finalmente Galiza se quede sen poder financiero e Caixanova acabe uníndose a caixas foráneas.

“É incomprensible que o Goberno do estado impida que Caixanova continúe sóa e que ao mesmo tempo impida que o Parlamento galego lexisle sobre o noso marco financiero. É un desprezo a Vigo e a Galiza”, afirmou. O nacionalista salientou que non é a Lei de Caixas galega, nin o BNG, os que impiden que Caixanova continúe soa, senon o Goberno do PSOE ao esixir que  as caixas teñen que ter un mínimo de 50.000 millóns de euros en activos.

Santi Domínguez afirmou que o alcalde de Vigo “está permitindo e sendo cómplice de que unha vez máis o Goberno do estado discrimine a Vigo e a Galiza”, xa que recurre a Lei galega, pero non as doutros territorios como Cataluña, Euskadi ou Andalucía que son similares. “Estase medindo con distinto raseiro, dependendo dos intereses políticos que o PSOE ten en cada territorio”, asegurou, ao tempo que instou ao Estado a que respecte o autogoberno galego e as decisión dos órganos lexitamente elixidos polo pobo galego.

A este respecto dixo que moito se está a falar de defender a Vigo, pero  “realmente defender a Vigo e a Galiza é deixar que teñamos capacidade de decidir sobre o noso futuro financiero, e a nós non se nos está permitindo”.  O nacionalista lamentou que o alcalde “se plegue aos intereses do seu partido” para que Vigo e Galiza non poidan ter un sistema financiero propio e ao servizo dos seus intereses.

Santi Domínguez lembrou que representantes da maioría política do Parlamento galego, dos empresarios e dos tres sindicatos asinaron un documento no que expresan a súa vontade a prol da fusión. Santi Domínguez considera que este acordo é unha manifestación clara de que, como calquera outra Comunidade Autónoma, Galiza ten dereito a decidir sobre o seu mapa financiero.

O tenente de alcalde criticou que se poñan atrancos a Galiza, mentras se obriga a que Caixanova busque alianzas fóra, porque se lle impide a súa continuidade en solitario. Neste sentido, afirmou que o alcalde non di a verdade, cando asegura que poderá seguir soa. “Hoxe mesmo podemos ver en todos os medios de comunicación como se está xa negociando un SIP con Caja Cantabria, Cajastur, Caja Murcia e Caja Sa Nostra. É a proba evidente de que Caixanova non pode continuar soa”, afirmou.

Santi Domínguez entende que a decisión adoptada polo Consello de Ministros pon en serio risco o poder financiero de Galiza.  O recurso impedirá que as caixas galegas podan chegar en prazo para solicitar axudas ao FROB e iso supón inexorablemente que terán que buscar alianzas fóra. Por iso o tenente de alcalde pide ao presidente da Xunta que adopte as medidas precisas para impedilo. Concremente reclamou a Núñez Feijóo que recurra o FROB, tal e como se acordou no pleno da corporación viguesa a proposta do BNG e co apoio do grupo municipal do Partido Popular

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.