RGPD - Cookies
_agenda Agenda

Prepara as botas para a peque-ruta no Monte Alba

A primeira ruta do ano foi pola Pedra do Lobo, en Covelo.
A primeira ruta do ano foi pola Pedra do Lobo, en Covelo.

Chega a fin de semana e o grupo de sendeirismo Andaina, pertencente á Asociación Cultural ‘O Coto’, xa está preparando as mochilas para a peque-ruta deste domingo. Nesta ocasión trátase dun fermoso percorrido de 2,5 quilómetros por un dos lugares de Vigo con mellores miradoiros á ría e á cidade: o Monte Alba e o Monte Cepudo.

Será un percorrido pola Ruta das Esculturas. O ano 1999 a Comunidade de Montes de Valladares convoca o «I Simposio Internacional de esculturas do Monte Alba» no que participaron artistas internacionais, españois e galegos. O resultado foron 9 fermosas esculturas situadas estratexicamente polos montes Alba e Cepudo cun percorrido para toda a familia.

A saída será o domingo 7 de febreiro ás 11 horas do Colexio Público Carballal-Cabral. Se queres máis información podes acceder a súa páxina web ou chamar aos teléfonos 986 487 957 e 676 524 529.

También te puede interesar