Comarcas Destacados

Ponteareas vólcase esta fin de semana co pobo saharaui

saharaPonteareas vivirá tres días adicados ao Sáhara que en realidade xa comezaron o 18 de xaneiro cunha  exposición Fotográfica na Casa da Triga sobre os campamentos de refuxiados (Fotos de Fito Alvarez y Conchi Fernández) e que estará aberta ata o 7 de febreiro. Tamén neste mesmo espazo, proxectarase ata o sábado diversos documentais relacionados.

O venres, ás 20:00 h. no Centro Artistico Sportivo proxectarase tamén un documental e continuación ofrecerá unha conferencia o Catedrático de Dereito Constitucional da USC Carlos Ruiz Miguel. O título: “O conflito do Sáhara Occidental: unha cuestión de legalidade internacional e de Dereitos Humanos”.

O sábado é o día máis intenso, tes actividades para elexir:
-Ás 12:00 h. en “A Casa da Triga” degustación gastronómica saharaui (Cus cus, dátiles, té, …)
-Ás 19,30 h. presentación da páxina web www.porunsaharalibre.org e reflexión sobre o papel dos medios de comunicacióne das novas tegnoloxías no conflito do Sáhara Occidental (Fito Alvarez de Solidariedade Galega co Pobo Saharui).
-Ás 19:45 presentación da Guia Util del IGADI sobre o Sáhara (Roberto Mera, colaborador do Instituto Gallego de análise e documentación internacional)
-Ás 20:00 h. Mesa Redonda:
-Maite Isla (Presidenta de Solidariedade Galega co Pobo Saharui) “O movemento galego de apoio ao pobo saharui)
-Fran Alonso (Escritor) Territorio Ocupado: Unha crónica humana do conflito do Sáhara
-Ahmedu Mohamed (Delegado da Frente Polisario en Galicia) “Conflicto do Sáhara: estado da cuestión e perspetiva de futuro

En “A Casa da Triga”:
-Ás 21,30 h. degustación gastronómica saharui
-Ás 23:00 h. actuación musical: Yslem “El hijo del desierto” (Rap saharui)

Organiza: Asociación Cultural “A Casa da Triga”
Colabora: Solidariedade Galega Co Pobo Saharui

También te puede interesar