Galicia

Os afectados da PLISAN denuncian as “falsedades” da Xunta nos rexistros dos concellos de Salvaterra e As Neves

Os afectados no Concello de As Neves facendo entrega da documentación
Os afectados no Concello de As Neves facendo entrega da documentación

A Asociación de Afectados pola PLISAN, considera que a presenza nos oficios remitidos aos afectados con data 14 de Xaneiro polo Director do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), de manifestacions como que “o expediente de aprobación do mencionado decreto polo Consello da Xunta de Galicia foi tramitado pola entón Consellería de Vivenda e Solo sen ser analizado,nin autorizado, nin aprobado polas outras partes asinantes do convenio, Autoridade Portuaría e Consorcio da Zona Franca (ZFV)” é radicalmente falso, como acredita o contido da acta da Sesión da Comisión de Seguemento do 19/12/2008 , “recentemente revelada na prensa”.

Discutíronse os prezos e condicións do convenio

Segundo queren deixar claro os afectados, naquela sesión os promotores do Porto Seco recibiron unha copia do convenio, e entraron a discutir aspectos coma o prezo, dos xuros, e das cantidades, fixando finalmente as condicións nas que asinarían o convenio cos afectados.As alegación feitas en aquel momento pola ZFV e Autoridade Portuaria de Vigo (APV) foron recollidas no convenio aprobado no mes de marzo de 2009 polo Consello da Xunta.

Documentos da Xunta que avalan a postura dos afectados 

Tamén debe ser sinalada como hito importante de esta campaña , as “contradiccións” entre a notas de prensa emitida pola Consellería: Así na emitida o 14 de Xaneiro de 2010 , esta afirmaba que mediante escrito de 13 de Abril de 2009, o Consorcio da Zona Franca de Vigo puxo de manifesto que descoñecía como se acadara dita valoración (dos recursos mineiros). Sen embargo na nota de prensa do pasado 23 de xaneiro, di que aqueles escritos da ZFV son do 13 e 20 de Febreiro. Curiosamente, agora , son reclamacións de antes do acordo de aprobación do convenio cos veciños polo bipartito.

A Asociación advirte ao Director do IGVS que conta con outros documentos  igualmente comprometedores. En especial , un remitido pola propia Asesoría Xurídica da Xunta, de febreiro de 2009, que fará público de persistir o IGVS e a Consellería na súa campaña de desinformación. E dicir , neste caso as manifestacións da ZFV teríanse producido cando xa fora aprobado o convenio polo goberno”.

Os homes do ‘chaqué’ nos rexistros de Salvaterra e As Neves

Os afectados veñen devolvendo os escrito ao IGVS ,co texto engadido “ devolto por falsidades” , nos rexistros dos Concellos de Salvaterra e As Neves ,dende o pasado dia 21 , e seguirano facendo ate a devolución da totalidade dos escritos , nos mesmos días nos que celebran as “caceroladas” diante das sedes de aqueles Concellos.

También te puede interesar