_agenda Agenda

Séntate na butaca verde de Tui

Fotograma da película de Yann Arthus-Bertran, 'Home'.
Fotograma da película de Yann Arthus-Bertran, 'Home'.

Tres filmes que poderás ver de xeito gratuito. Esta é a oferta da ‘Butaca Verde’, o ciclo de cine ambiental e solidario que organiza Tui no Telecentro da cidade entre hoxe e o mércores. Unha actividade de divulgación ambiental que tenta provocar na cidadanía unha reflexión sobre o noso estilo de vida e a adopción de conductas diarias máis sostibles e responsables co planeta.

Non te perdas…

Home‘, de Yann Arthus-Bertran, é o filme que poderás ver hoxe (19:30 horas). Unha oda á beleza do planeta e a súa delicada harmonía a través de diferentes paisaxes captados desde o aire e das consecuencias das accións do hom no ecosistema. O documental pretende despertar no público a conciencia necesaria para cambiar o noso modo de ver a Terra.

O día 26 é o turno de ‘Oro negro‘, de Mark e Nick Francis (19:30 h), no que as multinacionais do café dominan os centros comerciais e os supermercados, controlando unha industria que move máis de 80 billóns de dólares anuais e convertíndose na mercadoría comercializada máis valiosa despois do petróleo. Pero o prezo real que se lle paga aos campesiños é moi baixo. Un convite ao consumo responsable.

O último día (27 de xaneiro, 19:30 horas) proxectaráse ‘El viaje del emperador’, de Luc Jacquet, no que pode verse como centos de miles de pingüíns emperador abandonan a seguridade do océano para adentrarse na desértica terra xeada conducidos pola súa necesidade de reproducirse.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.