Destacados Vigo al minuto

Para que non nos esquenzamos da Área Metropolitana

Federación Veciñal “Eduardo Chao” acaba tramitar por rexistro ante a Xunta de Galicia unha suxestión para que se retome o proceso de creación da área metropolitana de Vigo, que parece ter caído no olvido. A federación recordoulle á Xunta que o 27 de xuño de 2008 presentouse no Parlamento galego unha Proposición de Lei de iniciativa lexislativa popular para a creación e regulación da Área Metropolitana de Vigo.

Con 3.000 pregos de sinatura selados, as previsión víronse desbordadas: 5 de novembro de 2008 presentábanse ante a Xunta Electoral as 15.242 sinaturas certificadas pola Oficina do Censo Electoral de Pontevedra necesarias para elevar a iniciativa da área metropolitana ante o Parlamento de Galicia.

O documento presentado no Parlamento «grazas ao multitudinario apoio cidadán e das forzas vivas da cidade» é un documento xa consensuado inicialmente na Declaración de Soutomaior por 14 Concellos da área metropolitana de Vigo que tamén recolle as posteriores aportacións e enmendas presentadas por todos os partidos políticos. «E urxe se retome este proxecto tan importante para potenciar a cidade de Vigo e a súa área en materia de infraestruturas, transporte, servizos…, unha área metropolitana que tras un impulso inicial cando botou a andar o novo goberno da Xunta pareceu esquencer», recordan.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.