_agenda Agenda

Somos o que comemos

Sabes o que comes? Greenpeace Pontevedra trae dende hoxe e ata o 29 de xaneiro á Casa da Xuventude de Vigo a mostra ‘Os tranxénicos no teu prato’, unha exposición composta por oito paneis explicativos sobre os alimentos tranxénicos, o dano ao medio ambiente e á saúde e o camiño que percorren dende o laboratorio ata o teu prato.

A exposición sobre os tranxénicos permítenos viaxar polo complexo mundo da biotecnoloxía de forma sinxela e didáctica cunha mostra que ten como elemento central unha serie de ilustraciones moi suxerentes coas que percorrer os conceptos básicos da inxeñería xenética e coñecer os seus principais riscos.

A través desta exposición é posible coñecer as principais demandas de Greenpeace e as solucións que propoñen para acabar “cun tipo de agricultura ambiental e socialmente inxusta e insostible”. Algunhas destas solucións son sumamente sinxelas e poden ser levadas á práctica por calquera que teña gañas de actuar.

También te puede interesar