Vigo al minuto

Investigadores da Universidade de Vigo estudan o ecosistema mariño da Antártida

Temperaturas entre -3 e -2 graos acompañadas por fortes ventos que producen unha sensación térmica de moito máis frío. Días con 22 horas de luz. Xornadas de traballo de 24 horas diarias, sete días á semana, só interrompidas por unhas condicións adversas no mar que impidan desenvolver a actividade a bordo. Estamos na Antártida e estas condicións que farían que moitas persoas desistisen de desenvolver ningunha actividade, non impiden que outras afirmen que “é un privilexio estar traballando aquí e hai que sacarlle o maior partido”.

Nove investigadores do departamento de Ecoloxía e Bioloxía Animal da Universidade de Vigo participa ata principios de febreiro a bordo do buque Hespérides no proxecto ‘Acoplamento físico-biolóxico no rango da mesoscala arredor das Illas Shetland do Sur (COUPLING)’. Xunto a estudosos das universidades de Las Palmas e Cádiz e do Centro de Investigaciones Marinas de Andalucía-CSIC, os investigadores da Universidade de Vigo traballan na recollida de mostras no Estreito de Bransfield e no Paso de Drake, tan temido pola súas tormentas.

Este proxecto multidisciplinar no que participan oceanógrafos, físicos, químicos e biólogos coa finalidade de estudar o ecosistema da zona céntrase “na influenza das distintas masas de auga, correntes e turbulencias na distribución dos organismos que viven na columna de auga, desde as bacterias e fitoplanton al zooplancton como o krill e as larvas de animais. Ademais estudamos a cadea trófica nestas augas”. Tras varios anos de traballo a Universidade de Vigo confírmase como unha das institucións académicas que máis científicos está achegando ao programa de investigación polar español, o que se traduce ademais nun incremento no número de publicacións e teses de investigación.

O grupo de investigadores da Universidade de Vigo.
O grupo de investigadores da Universidade de Vigo.

No proxecto que se desenvolve ao longo deste mes de xaneiro de 2010 e que suma o terceiro na Antártida para este grupo, os investigadores vigueses encárganse da recollida dos datos de temperatura, salinidade e velocidade das correntes para describir a parte física. Facer mostraxes do zooplancton con redes especiais que arrastra o Hespérides e que recollen as mostras a diferentes profundidades desde os 400 metros ata a superficie é outra das actividades desenvolvidas ao longo das semanas que dura o proxecto que tivo o seu inicio cando os investigadores embarcaron en Punta Arenas (Chile) o 3 de xaneiro que e finalizará o 4 de febreiro en Ushuaia.

As noites de dúas horas

Nesta época do ano na rexión da Antártida onde se desenvolve o proxecto só hai dúas horas de noite nas que a luz non chega a desaparecer de todo. Así, o traballo dos investigadores desenvólvese ao longo de quendas de 24 horas ao día, sete días á semana. “O ritmo de traballo é moi intenso, sen xornadas de descanso, salvo cando a mar está moi mal e non se poden largar aparellos á auga e hai que buscar abrigo dalgunha illa ou simplemente poñer o barco proa ao vento, mantendo a posición á espera de que mellore o tempo”, relatan.

Pero non son poucas as dificultades de traballar sobre a cuberta do barco durante horas “cun vento frío que se mete por toda a roupa e produce unha sensación térmica de moito frío. Non podemos ter luvas moi grosas para poder traballar e manexar ao tempo os aparellos”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.