Destacados Vigo al minuto

Pechan o Zoo temporalmente polos danos do temporal

Para garantir a total seguridade dos traballadores, dos visitantes e dos animais, a Concellería de Medio Ambiente ordeou o peche cautelar e temporal ao público de VigoZoo a causa dos danos producidos polo temporal da pasada noite do 14 de xaneiro

Durante todo o día de onte, técnicos e responsables políticos municipais inspeccionaron o estado das instalacións dos animais e dos espazos comúns. Pese a que os danos causados polo temporal non puxeron en risco o benestar e a seguridade do parque e dos animais en ningún momento, o persoal técnico aconsella o peche ao público de VigoZoo -para maior seguridade e como medida de precaución- durante o tempo que duren as reparacións, aproximadamente sete dias

Os traballos de reparación dos danos causados polos fortes ventos da pasada madrugada xa deron comezo onte e nos próximos días continuará, con especial atención  á revisión técnica da estrutura das instalacións para garantir o axeitado estado das mesmas. Unha vez as reparacións conclúan no prazo estimado dunha semana, VigoZoo abrirá novamente as súas portas ao público con normalidade. 

  • Danos

A caída de distintos elementos a causa do vento afetou a varias instalacións, tanto a recintos animais como a edificios. Así, caeu parte dun cedro na zona de entrada do parque contra a fachada do edificio multiusos e outra árbore apareceu danada e con perigo de caída. 

Outras árbores que caeron produciron a rotura parcial do valado dalgúns recintos e incluso a rotura de dúas farolas. Unha caida afetou á estrutura de aluminio do recinto dos linces e provocou a rotura das lunas. Dúas árbores provocaron danos na pasarela de madeira dos osos e a rotura dalgunha tella na caseta do recinto do cervo común.

También te puede interesar