_agenda Agenda

Invirte o teu tempo modelando cristal

Banco do Tempo da Federación Veciñal “Eduardo Chao” continúa coa súa oferta de obradoiros e actividades durante este mes de xaneiro. O vindeiro luns 18 ás 17:00 horas organizará un obradoiro de ‘tiffany’ ou traballo en cristal para aprender as diferentes técnicas de pintura sobre a base do cristal e vidro así como os traballos de moldeado e fusión destes elementos.

O obradoiro é gratuíto para as persoas socias do Banco do Tempo e custará dous euros para o resto. Poderán participar 15 persoas e durará dúas horas, aínda que poderá ampliarse a outros días en función da asistencia. Os participantes deberán levar unha táboa de madeira forrada, un cortador de vidro, un cristal de tiffany e algún obxecto onde colocar o traballo realizado, como pode ser unha maceta, un plato un cristal…

Para anotarse poden achegarse á Federación Veciñal “Eduardo Chao” (praza da Princesa nº7, 2ºandar), chamar ao 986 223 067 en horario de 9:30 a 13:00 horas ou enviar un e-mail a [email protected]. Terase en conta a orde de inscrición para cubrir as prazas dispoñibles.

También te puede interesar