Destacados Vigo al minuto

Caballero mediará coa Xunta para solucionar os problemas da Escola Oficial de Idiomas

Reunión co alcalde.O alcalde de Vigo entrevistouse este xoves cunha representación do profesorado e do alumnado da Escola Oficial de Idiomas de Vigo, entidade educativa que sufriu este curso reducción de plantel e de clases. Segundo sinalou Caballero, esta modificación realizada pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia impediu a matriculación de 700 alumnos, polo que pedirá ao Conselleiro diálogo coa Escola para solventar esta situación.

Segundo indicou o primeiro edil en rolda de prensa, os responsables da Escola trasladáronlle o seu “disgusto” con Educación por ter cambiado horarios, reducido clases e tamén profesorado, o que impediu a matriculación de 700 potenciais alumnos. Caballero, quen xa mantivo un encontro co conselleiro no que abordouse esta cuestión, solicitará a Vázquez acadar acordos coa EOI de Vigo.

Abel Caballero subliñou a relevancia da educación como “o mellor legado” para as novas xeración, polo que o Concello ampliou este ano as bolsas educativas para estudar no estranxeiro.

En total, 250 escolares da ESO viaxarán este verán ao Reino Unido bolsados polo Concello para estudar en inglés, e os 100 mellores expedientes da Escola Oficial de Idiomas tamén poderán estudar fóra das nosas fronteiras, maioritariamente en inglés, pero tamén noutros idiomas como o francés, o alemán ou o portugués.

También te puede interesar