Cultura

En 2010, Vigo terá un MARCO incomparable

 

MARCO1Entre finais deste mes de xaneiro e principios de febreiro, o MARCO inaugura as dúas primeiras exposicións do ano 2010 –a colectiva ‘Cousas que só un artista pode facer’ no primeiro andar, á que seguirá o proxecto de Jose Dávila no Espazo Anexo– coas que arranca a programación dos vindeiros doce meses.

Exposicións individuais e colectivas

Neste ano 2010, o Museo de Arte Contemporánea de Vigo continuará afianzando a nova liña de exposicións individuais iniciada en 2009, que se combina con outros proxectos colectivos. Unha vez clausurada a individual de Jorge Barbi na planta baixa a mediados de febreiro, a mostra viaxará a Lisboa, onde se exhibirá na Fundação Calouste Gulbenkian do 6 de maio ao 6 de xullo de 2010.

Entre 2010 e principios de 2011, varias exposicións de produción propia poderán verse tamén en cidades como Lisboa, Metz, Badaxoz ou Madrid, entre as que cabe destacar a presenza de dous artistas galegos como Jorge Barbi e Virxilio Vieitez en Lisboa (Fundação Calouste Gulbenkian) e Madrid (Fundación Telefónica), respectivamente.

 A programación comeza cunha mostra colectiva comisariada por David Arlandis e Javier Marroquí, e coproducida co MEIAC de Badaxoz. Baixo o título ‘Cousas que só un artista pode facer’.

No que respecta a exposicións individuais, a mostra de Jorge Barbi na planta baixa deixará paso, a finais de febreiro, á fotógrafa alemá Candida Höfer, unha das máis importantes representantes da Escola de Düsseldorf, no que será a primeira retrospectiva en España desta artista. A exposición reúne unha coidada selección dos seus traballos dos últimos corenta anos, nunha montaxe realizada polo prestixioso estudio de arquitectura Kuehn Malvezzi. Baixo o título ‘Projects: Done 

 No mes de maio preséntase a proposta gañadora da última convocatoria do Premio para novos comisarios, que nesta edición foi convocado conxuntamente polo MARCO de Vigo e o FRAC Lorraine de Metz, Francia, e que ten como obxecto a realización dun proxecto expositivo para ambas as dúas sedes. Entrelazando os estudios antropolóxicos sobre a relixión da obra de Mircea Eliade El mito del eterno retorno (1956) e o libro de James Frazer La rama dorada. Un estudio sobre magia y religión (1922), o comisario Inti Guerrero reúne obras de artistas que tratan sobre a idea do ritual e da relixión en diferentes contextos, relacionados coa política, a memoria colectiva e a cultura popular, nunha mostra colectiva que leva por título ‘Cando a póla rompe’.

 A partir do mes de xuño, unha nova colectiva ocupará os espazos da planta baixa do MARCO durante todo o período estival. Obras da colección do Centro Galego de Arte Contemporánea (Santiago de Compostela) trasládanse a Vigo, nunha selección comisariada por Virginia Torrente. Os fondos da Colección CGAC, unidos aos pertencentes á Fundación ARCO e outros depósitos, fan dela unha das máis interesantes de todo o territorio peninsular.  O ano 2010 conclúe con outra grande individual na planta baixa. Dous anos despois da morte de Virxilio Vieitez (Soutelo de Montes, Pontevedra, 1930-2008), no mes de outubro inaugúrase no MARCO a esperada retrospectiva deste xenio da fotografía que, ao igual que outros grandes fotógrafos, revolucionou para sempre o modo de captar e percibir a realidade.

Entrando na tempada de outono, unha coprodución coa Fundação Calouste Gulbenkian de Lisboa traerá ao MARCO a obra de Vasco Araújo e Javier Téllez. A exposición ‘Máis que a vida’, comisariada por Isabel Carlos, mostrará unha revisión dos seus traballos, ademais de obras creadas especificamente para esta ocasión.

O ano 2010 conclúe con outra grande individual na planta baixa. Dous anos despois da morte de Virxilio Vieitez (Soutelo de Montes, Pontevedra, 1930-2008), no mes de outubro inaugúrase no MARCO a esperada retrospectiva deste xenio da fotografía que, ao igual que outros grandes fotógrafos, revolucionou para sempre o modo de captar e percibir a realidade. A existencia dun importante arquivo familiar que garda a totalidade da súa produción, fará posible unha investigación a fondo.

 

 

También te puede interesar