Deportes

A Deputación convoca os premios ‘Deportistas do Ano 2009

 

 deporteA deputación de Pontevedra ven de convocar os premios Deportistas do Ano 2009 que ten coma finalidade sinalar a aquelas personas que que veñen de realizar unha laboura salientable a prol do deporte da provincia. As mesmas poderán ser presentadas por clubes e federacións de toda Galicia que proporán ás dúas persoas candidatas que, ó seu criterio, sexan acreedores da distinción a nivel provincial. Á proposta achegarán unha memoria explicativa dos méritos deportivos, valores humanos e outros de interese, que concorran en cada candidato ou candidta, e todas aquelas outras circunstancias que, a nivel deportivo ou persoal, aconsellen efectuar a mesma.

Candidatos

Poderán ser propostas, como persoas candidatas, tódolos deportistas naturais ou con cinco anos de residencia na provincia de Pontevedra. Os candidatos poderán ser tanto persoas físicas como clubes. As distintas Delegacións Provinciais, ou no seu caso as Federacións ou Clubs, presentarán no Rexistro Xeral da Deputación, ata o día 25 de xaneiro do 2010, a proposta das persoas candidatas, xunto co currículo de méritos de cada unha .

A entrega de distincións efectuarase no transcurso da “Festa do Provincial do Deporte organizada pola Deputación Provincial de Pontevedra, facéndose público, durante a mesma, o nome dos premiados.

También te puede interesar