Vigo al minuto

En so catro días de 2010 a Xunta xa lle debe a Vigo 765.282 euros

 

Molares 004No que vai de 2010, a Xunta debería ter investido xa en Vigo 765.282 € e 16 céntimos. Dacordo coas súas previsión para este ano, o goberno autónomo aprobou destinar á cidade 69.832.000 €, ou o que é o mesmo, 191.320 € e 5 céntimos diarios. Este investimentó, segundo os datos facilitados a vigoalminuto pola delegada Lucía Molares, repártiranse do seguinte xeito:

Nova depuradora: 6,5 millóns

Situación actual: O Consello da Xunta do 26 de novembro aprobou un gasto de 126,78 millóns de euros para levar a cabo as obras de ampliación da estación depuradora de augas residuais (EDAR) de Vigo e o seu emisario. O importe corresponde aos 107,2 millóns de euros que Augas de Galicia achegará ás obras (o 45,04% do custo total do proxecto), e aos 19,5 millóns de euros que a Administración hidráulica de Galicia terá que aboar en concepto de xuros. A proposta da Xunta de Galicia para financiar esta actuación, aceptada polo Ministerio de Medio Ambiente, consiste na execución da obra baixo a modalidade de aboamento total do prezo, cunha especificidade: o pagamento das obras, no que afecta o cofinanciamento da Xunta de Galicia, fraccionarase en quince anualidades. Deste xeito, a Xunta pode diferir o pagamento da súa achega ata o ano 2024, garantindo ao mesmo tempo que a depuradora poderá entrar en servizo nos tempos previstos.

A autorización do gasto polo Consello da Xunta é o paso previo para a aprobación do convenio entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, o Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño e o Concello de Vigo e para poder poñer así o proxecto en marcha.
 Cidade da Xustiza: 15 millóns de euros dentro do Plan de Infraestruturas Xudicias.

Situación actual: A Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza ten o proxecto, a intención e a financiación para comezar canto antes a posta en marcha da Cidade da Xustiza. O único que falta son os terreos. Neste senso, e «despois de que o alcalde da cidade se comprometera a expropiar os terreos, unha vez que o Concello de Vigo teña rematado o proceso expropiatorio, a Xunta de Galicia estará en condicións de iniciar os trámites e licitar as obras para construír o novo edificio xudicial ao día seguinte».

Gota de Leche: 732.000 euros
Situación actual: O proxecto xa está presentado e listo para iniciarse no ano 2010. O inmoble destinarase a un uso social na liña da Consellería de Traballo e Benestar e, de forma totalmente independente, albergará unha escola infantil con sete unidades que darán cabida a 90 prazas para nenos e nenas de 0 a 3 anos entre a planta semisoto e planta baixa. Mentras, na primeira planta, situarase a oficina de apoio ao empregador e centro de formación, un proxecto piloto da Consellería de Traballo e Benestar que busca ser unha ferramenta máis útil para mellorar a intermediación laboral ofrecendo servizos complementarios ás oficinas de emprego. Neste centro, e de forma paralela, o CEAGA compartirá instalacións na primeira planta do inmoble para ubicar o seu proxecto pioneiro de formación que levará a cabo en conxunto co Consorcio do Lean Advancement Iniciative (LAI) do Massachussets Institute of Technology (MIT), ao que pertencen importantes empresas internacionais.
 
Humanizacións-Infraestruturas viarias Vigo:  Avenida Castrelos: 1,5 millóns, Avenida Florida: 2,08 millóns, Convenio co Concello de Vigo para as rúas Manuel Álvarez, Severino Cobas e Escultor Gregorio: 1,5 millónsInvestimentos para vivenda: San Paio de Navia (3º, 4º, 5º e 6º fase): 4 millóns. Construción de vivendas Navia e As Roteas: 9 millóns, solo residencial: 900.000 euros, reparación vivendas Teis: 1,67 millóns Outros investimentos sociais:  Construción centro para enfermos dano cerebral: 1,35 millóns, Centro de día Valladares: 527.000 euros, Escola infantil Valladares: 472.000 euros, Centro xuvenil: 350.000 euros, ampliación prazas do Centro de Día de Atención Especializada: 668.000 euros, ampliación prazas para discapacidade:280.000 euros

Outros investimentos Sanidade: Centro Saúde Bouzas: 2,5 millóns, Centro Saúde Navia (en execución).

 Víal Vigo-A Ramallosa: 10,5 millóns.

Situación actual: O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas presentou o proxecto  cuxas obras poderán iniciarse ao longo do ano 2010. O proxecto de mellora que afecta a estrada Vigo-A Ramallosa (PO-325) estipula a ampliación da sección transversal habilitando unha senda peonil e ancheando as beiravías; a mellora e ordenación das interseccións máis importantes; e por último, a habilitación de aparcadoiros nas zonas de máis demanda. Cómpre indicar que os cambios introducidos con respecto ao proxecto inicial son: anchéanse as beiravías, tal e como solicitaron as asociacións de ciclistas; engádese unha senda peonil, que separa os peóns dos ciclistas, posto que realizan un tipo de circulación diferente e incompatible; axústase a vía o máis posible ao dominio público dispoñible, pero sempre respectando os mínimos de seguridade; e, por último, redúcese a plataforma tipo en 2,5 metros, respecto do primeiro proxecto, polo que se minimizan as afeccións.

Casco Vello: 5,2 millóns

Situación actual: Ata o momento, o Consorcio ten adquiridos un total de 36 edificios que xa se atopan en pleno proceso de recuperación e que supoñen a posta en marcha de 74 vivendas e 24 locais comerciais. Deles, este ano  iniciarase a rehabilitación de 21 inmobles cunha superficie total duns 4.100 metros cadrados construídos, que permitirán obter ao redor de 36 vivendas e 10 locais comerciais.

Cuarto hospital: 12 millóns

Situación actual: Cúmprense os prazos dados pola Consellería de Sanidade para que o novo hospital de Vigo este xa en marcha. O DOG publicou o 1 de decembro a resolución pola que se acorda o inicio, polo procedemento de taxación conxunta, e se somete a información pública o expediente de expropiación dos terreos. Seguindo os trámites habituais, púxose a disposición dos cidadáns e enviáronse as notificacións individuais das taxacións ás persoas que aparezan como titulares de bens e dereitos para que estes poidan formular alegacións no prazo dun mes, unha vez recibida a notificación certificada, que xa saíu da Consellería hai unha semana.

Obras nos centros educativos: 6 millóns 

O CEIP Virxe do Rocío, con 2,5 millóns de euros; o novo CEIP Altamar (400.000 euros), ambos os dous en Vigo, súmanse aos investimentos previstos para o CEIP Antonio Palacios en O Porriño (2 millóns) e o CEIP A Rúa, en Cangas (200.000 euros) así coma a inversión de 1,1 millóns para o Centro de Educación Especial Saladino Cortizo de Vigo.  As melloras nos comedores do  CEIP Pombal e Pintor Laxeiro de Vigo, teñen partidas específicas de 150.000 euros cada un, ademais doutras reformas incluídas en partidas xenéricas de Educación.

 
 

 

 

 

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.