Galicia

Abren unha línea de axudas para ampliar a exportación das empresas galegas

Moitas exportacións chegan polo porto de Vigo.
Moitas exportacións chegan polo porto de Vigo.

A Consellería de Economía e Industria mantén aberta unha nova liña para apoiar a internacionalización das empresas galegas mediante a concesión de axudas directas destinadas á contratación de xestores de exportación polas propias empresas ou por consorcios con personalidade xurídica propia, asociacións empresariais, consellos reguladores ou clusters de carácter empresarial que estean  domicilados en Galicia e que representen a colectivos de empresas galegas. Para este fin, e na convocatoria deste ano, o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) destinará 1 millón de euros.

Estas axudas teñen como obxectivo fundamental o de impulsar as exportacións e a internacionalización das empresas galegas facilitando, ao mesmo tempo, a colocación de especialistas en comercio exterior. As empresas ou organismos intermedios solicitantes deben presentar, xunto coas solicitudes, un proxecto de internacionalización para o que se require contratar un especialista en comercio exterior. A contía da axuda achegada polo Igape cubrirá o 75% do salario bruto anual correspondente ao primeiro ano de contratación, con límites máximos de 15.000€ en Galicia e de 25.000€ para o estranxeiro, sempre en contratos de un ano a tempo completo.

Co programa de apoios á contratación de xestores de exportación, o Instituto dependente da Consellería de Economía e Industria quere dar un paso adiante para complementar o seu programa de bolsas de promoción exterior facilitando a inserción laboral dos especialistas formados e doutros titulados con formación neste eido e que cumpran os requisitos previstos nas bases.

Un destes requisitos é o da inscrición previa dos interesados na Bolsa de Xestores de Exportación aberta no portal www.igape.es, onde xa están inscritos máis de medio cento de aspirantes que se ofrecen como especialistas en comercio exterior.

O prazo de presentación de solicitudes ao abeiro da convocatoria de xestores de exportación correspondente a 2009 está aberta ata o 15 de setembro de 2010. A finalización dos doce meses de  contratación subvencionada no marco desta liña de apoio non debe ser posterior a 31 de decembro de 2011.

También te puede interesar