
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou este martes que a Fundación ProVigo definirá en xaneiro o seu plan estratéxico co obxectivo de «posicionar a Vigo en Galicia e España».
Así o indicou en rolda de prensa despois da reunión do padroado celebrada na mañá deste martes, un encontro celebrado en Caixanova como «feito simbólico» o mesmo día que a Xunta de Galicia aproba no Parlamento a nova lei de caixas.
A finalidade desta «reflexión estratéxica» pasa por «reforzar e reorientar» a laboura da Fundación, unha vez concluida unha etapa, contando xa coa actividade e as novas infraestruturas que estean rematadas en 2012 e cun horizonte temporal válido ata 2020. Unha comisión formada polo Concello, Caixanova, a Cámara de Comercio e a CEP -á que tamén serán invitadas a Consellería de Industria e a Deputación de Pontevedra- concretará en xaneiro esta idea.
O alcalde incidiu na importancia de dun «posicionamento de cidade en toda España» para que «Vigo deixe de ser a gran descoñecida», para o que citáronse varias ideas: Vigo é o primeiro porto de pesca do mundo, alberga a segunda factoría de automoción de Europa en tamaño, é líder en Europa no sector privado naval, etc.
Abel Caballero avogou asemade por que os 100 integrantes que forman parte da Fundación ProVigo tomen parte activa nas decisións da entidade, e non só o Comité Executivo; a intención é que ésta convírtase nun «cónclave» no que todos poidan participar, para o que celebraranse reunións con maior periodicidade.
Esta «nova etapa» de ProVigo inicia a súa andaina en 2010 cun orzamento aprobado hoxe martes de 311.000 euros, válidos para determinar o funcionamento e as pautas que deben encamiñar a traxectoria da Fundación no seu novo plan estratéxico e constitución da mesma como un «foro de reflexión cidadá», concluiu o alcalde.