Vigo al minuto

Javier Díaz Arnau será o xerente da Vigo Convention Bureau

Reunión de hoxe para elexiar ao xerente.
Reunión de hoxe para elexiar ao xerente.

O padroado da Fundación Vigo Convention Bureau elixiu hoxe a súa imaxe corporativa e tamén á persoa que desenvolverá o cargo de xerente. O tenente de alcalde e presidente do comité executivo da fundación, Santi Domínguez, anunciou que o xerente será Javier Díaz Arnau e a imaxe elixida é obra de Carlos Santodomingo.

Catorce persoas presentaron o seu currículo para optar ao posto de xerente do Vigo Convention Bureau. Santi Domínguez explicou que finalmente quedaron tres aspirantes e oxe o padroado ratificou a proposta do comité executivo, valorando a experiencia que Javier Díaz Arnau ten no sector do turismo e a organización de eventos. É licenciado en Ciencias Económicas, cun curso superior en Xestión e Dirección de Empresas, e durante cinco anos foi responsable do departamento de turismo da Cámara de Comercio.

O nacionalista indicou que o seu primeiro cometido será presentar no mes de xaneiro o plan estratéxico de actuación da Fundación Vigo Convention Bureau. Sen embargo, adiantou que será unha ferramenta básica no desenvolvemento do Plan de Competitividade Turística.

En canto á imaxe corporativa houbo un total de 23 propostas de diferentes empresas e particulares, das que se seleccionaron cinco e finalmente se elixiu a presentada por Carlos Domínguez. A imaxe xoga coa silueta das Cíes e a «V» de Vigo. O tenente de alcalde indicou que o padroado elixiu esta proposta coa salvedade da posible modificación das cores.

Na xuntanza de hoxe aprobouse tamén o orzamento do ano 2010 que ascenderá a 174.875 euros, dos que case 100.000 corresponden ás aportacións do Concello, Universidade de Vigo, Caixanova, Cámara de Comercio, Confederación de Empresarios de Pontevedra e Ifevi. Santi Domínguez explicou que nos ingresos se contemplan xa as aportación de socios particulares, entre as que figurarán hoteis, axencias de viaxes, restaurantes ou emrpesas de servizos.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.